BOBORÁS. Pazo de Almuzara, do 4 ao 30 de novembro.
O CARBALLIÑO. IES Señorín, do 3 ao 30 de decembro.

Paisajes sentidos. Luis Rabanal
Este ano, o Ateneo de Ourense volve a participar no Outono Fotográfico organizando a segunda edición de «Falando en Prata».
«Falando en Prata» é unha mostra a nivel nacional de máis de trinta fotógrafos españois e sudamericanos que teñen en común o feito de traballar somentes en fotografía tradicional. Preséntanse fotos en branco e negro, en cor, carbóns directos e outras técnicas das chamadas «procesos nobres ou históricos».
A mais da exposición, proxectarase un diaporama cunha escolma máis ampla de fotografías dos distintos autores participantes nesta edición de «Falando en Prata».
Ao término da exposición no Ateneo, toda a colección, seguindo os pasos da anterior edición 2011, emprenderá unha itinerancia por distintas sés en todo o estado.