Eutropio Rodríguez THE FRAGA FAMILY

SANTIAGO DE COMPOSTELA, Igrexa da Universidade, do 5 ao 29 de outubro.

eutropiorodriguez

Shirt

Atopei á familia Fraga cando era estudante no ICP de Nova York. Por aquel tempo The Fraga Family vivían, cinco membros da mesma familia, nun apartamento de sesenta metros cadrados. Nesa tempada fun testemuña da súa vida cotiá e de acontecementos importantes na súa vida. Cinco persoas da mesma familia, mais con tres idiomas e tres nacionalidades diferentes.

 

 

Eutropio Rodríguez
Santiago de Compostela 1969
Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e Graduado en Fotografía Documental polo International Center of Photography de Nova York, Eutropio Rodríguez combina o seu traballo de fotógrafo comercial e editorial cos seus proxectos documentais persoais, entre os que “Bestas “ está a punto de culminar na publicación dun libro.
Eutropio foi premiado en diversos certames tales coma o Premio Ksado da Deputación de A Coruña e o Premio Caja España. Do mesmo xeito ten publicado o seu traballo nos medios The New York Times e Rolling Stone Magazine-New York. A súa obra está presente en diversas coleccións; URJC, International Center of Photograpy, Caixa España, etc. Expuxo nas salas de arte ou fotografía de EFTI-Madrid, Portal de San Pedro-Madrid, West Chelsea Building of Arts NYC, Pazo Torrado Cambados, Macuf, Concello de Ourense-Outono Fotográfico, etc.
Coma docente de fotografía ten experiencia no curso de “B&W, from A to Z”, do International Center of Photography, NYC anos 2000-2001, “Lighting in Colour”, School for Social Research, NYC ano 1998, así como na escola da axencia fotográfica BlankPaper da que foi socio fundador. Tamén é profesor de fotografía no Museo Gas Natural-Fenosa, Centro de Arte Aire e Espacio Neutro de Cangas.
Socio fundador da axencia Peripheria Images.

Share on FacebookTweet about this on Twitter