Mª Elena Abad Martínez, Anibal Cid Babarro, Sara Cid Feijoo, Carmen Ferreiro Seoane, Manola González Carballo, Ana Iglesias, José Izquierdo León, José Antonio Novelle Cao, Inma Vilanova,… ESTAMPAS DUNHA ROMARÍA

CELANOVA. Biblioteca antiga (Casa do Concello), do 31 de outubro ao 30 de novembro.
OURENSE. Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, do 2 ao 31 de decembro.

romariaraigame-manolaglezcarballo

A arte está nas mans, Manola González Carballo

Fotografías do concurso convocado pola organización da «XII Romaría Etnográfica Raigame 2013», celebrada en Vilanova dos Infantes o 17 de maio. O premio á mellor serie fotográfica foi para Inma Vilanova polo seu traballo «Reminiscencias» e Ana Iglesias obtivo unha mención especial por «Vilanova, pasado e presente».
O premio á mello fotografía recaeu en Manola González Carballo por «A arte está nas mans», o segundo premio foi para José Izquierdo León por «Eu tamén quería tocar» e o terceiro premio para Mª Elena Abad Martínez por «A la sombra de la torre». Carmen Ferreiro Seoane obtivo unha mención especial por «Selando» e concedéronse accésits ás fotografías de Anibal Cid Babarro, Sara Cid Feijoo e José Antonio Novelle Cao.

Share on FacebookTweet about this on Twitter