MELGAÇO. Casa da Cultura, do 2 de decembro ao 6 de xaneiro.
MONÇÃO. Casa do Curro, do 6 ao 31 de xaneiro.
Unha retrospectiva analítica onde cada membro expón o mellor da súa visión persoal. Un surtido de estilos e perspectivas que abarcan diferentes temáticas de maneira comprometida coa mellor calidade.
Álex Carral
España 1989
Fotógrafo autodidacta. No seu primeiro ano incorporado á Asociación Fotográfica O Potiños asombra aos socios coa súa creatividade e frescura. Entre cursos e tutoriais logra un estilo propio.
Héctor Guzmán
México DF 1968
Fotógrafo independente de retrato, produto, arte. Profesor de diferentes modalidades fotográficas tanto analóxicas como dixitais. Reside actualmente no Carballiño.