FERROL, Ateneo Ferrolán, do 2 ao 31 de outubro.
Curadora: Carolina Martínez.
Australian Dream 08 – Earlwood – Daniela 9 años, bebiendo agua de la lluvia.
Australian Dream nace como un diario de viaxe pola costa este de Australia, de Sidney a Melbourne. Durante un mes percorrín diferentes poboacións na busca do soño australiano. Está pensado en formato documental; un retrato intimista, pausado, concentrándome na paisaxe, tanto humana como natural que me envolvía neste particular percorrido.
Na visión do mundo dos aborixes de Australia existe unha época de creación; época máxica na que os seres ancestrais fixeron o mundo, a Época do Soño. Esta exerce un poder creador sobre os seres humanos. O poder dos soños permite ter acceso á Creación. Este acto de creación, realizado en tempos antepasados, permanece vixente nos nosos días.
Actualmente, consecuencia en parte da crise económica a nivel mundial, Australia converteuse nunha Terra dos Soños; onde o desemprego non supera o 5%, onde a inmigración e a multiculturalidade forman parte da paisaxe humana. Australia é un tecido de nacións, onde cada unha delas imprentou as súas raíces culturais do país de orixe adaptadas aos novos tempos; onde múltiples nacionalidades o colleron para crear un novo estado.
O meu proxecto xira entorno a este soño e á burbulla que o rodea, creada entorno a el pola mesma poboación allea ás crises de occidente. Un territorio onde se respira felicidade e cambio constante; os australianos móstranse en todos os aspectos como unha sociedade relaxada, de portas abertas e de vida cara ao exterior. A pesares de todo, as súas tradicións de «orixe» permanecen visibles; modificadas e evolucionadas, pero palpables.
David Simon Martret
Barcelona 1984
Vive actualmente en Barcelona. Comezou estudos de Filosofía na Universidade de Barcelona. Porén, interesouse nunha «forma de expresión, de mirar ao seu redor, unha forma de coñecemento de si mesmo e unha busca dos demais», a fotografía…
Así mesmo, estudou no IEFC e realizou workshops con fotógrafos de renome.
Traballa como fotógrafo independente e artista socio-documental, viaxa para traballar nos seus propios proxectos nacionais e internacionais.
www.davidsimonphoto.com