David de la Cruz Sánchez BACK TO BERLIN

FERROL, Centro Sociocultural Novacaixagalicia, do 6 ao 30 de novembro.

Curadora: Carolina Martínez.

daviddelacruz

Katie vende helado en Karl-Liebknechtstr

Viaxar, camiñar e chegar ao lugar de onde unha vez partimos, buscando a identidade do lugar nos edificios, persoas ou cousas que te encontras. Back to Berlin é unha colección de trazos e retratos urbanos, co telón de fondo dunha cidade moi mencionada e recoñecible. Rañaceos postmodernos, edificios socialistas, trens, parques e persoas suspendidas no tempo. Sendo esta a clave para contar a beleza xeada, dunha Berlín recoñecible entre o pasado e o futuro, sen estar bloqueada no tempo.
Berlín, capital de Alemaña situada no nordeste do país, cuns 3,5 millóns de habitantes. A historia contemporánea fálanos dela dúas veces, primeiro polo terceiro Reich e despois da segunda guerra mundial coa división da cidade polo famoso muro de Berlín (Berliner Mauer). Actualmente é recoñecida como un centro cultural e artístico de alto nivel. Dende 2006 a UNESCO elixiuna como Cidade creativa e foi galardoada co premio Príncipe de Asturias da condordia no 2009.
En 2004 realizo a miña primeira viaxe a Berlín, era a miña primeira viaxe en avión, a primeira viaxe fóra do meu país… Posteriormente regresei cada dous anos a esta cidade, até esta última viaxe no 2012 cando realizo o diario de Berlín. Na miña primeira viaxe nace un romance por ela ou, por que non, con ela… sucesos varios son os que podo contar, pero deles non falamos directamente, diremos que eles son os que me prepararon un por un, para ser capaz de contextualizar a cidade, permitíndome falar dela dunha forma íntima e sen evidencia, realizando apuntes de viaxe, narradores da miña vivencia pola grande cidade alemá.
As vinte e tres fotografías da selección son bañadas nunha luz que revela a parte vella, gravada nun formato cadrado, equilibrado e elegante que se manifestan na nosa memoria con refinamento extremo suxerindo que o meu regreso a Berlín foi un regreso á beleza.

 

David de la Cruz Sánchez
Madrid 1981
Nestes momentos traballa entre Italia e España.
Graduouse en fotografía no IEFC de Barcelona e asistiu a numerosos cursos de especialización e seminarios.
Traballa como fotógrafo freelance realizando proxectos documentais. Os seus últimos traballos son unha busca dos lazos a miúdo finos entre o home e o seu contorno, encontrando as formas ou vías onde o home adquire forma polo contorno. Expón as súas obras en exposicións colectivas e individuais en galerías, museos e eventos artísticos.
En 2013 foi finalista XOFF no Festival da fotografía ética de Reggio Emiglia e finalista da Bolsa Roberto Villagraz de EFTI. Foi nomeado como «Descubrimientos Photoespaña» no festival Photoespaña 2012, e finalista de Blurb 2011. En 2010 recibe mencións de honra, nos premios de fotografía internacional ipa, categoría nenos e retrato de persoas co traballo Nómadas. O seu traballo foi publicado en diferentes medios tanto impresos como online, entre eles está o grupo L’Espresso de Italia, “Adformatie”, artigo escrito por Erik Kessels en Holanda e na sección portafolios do número 32 da revista Ojo de pez en España.

Share on FacebookTweet about this on Twitter