David Catá DEL OLVIDO AL RECUERDO

FERROL, Salón de Actos do Campus Esteiro, do 15 de novembro ao 15 de decembro.

Curadora: Carolina Martínez.

davidcata

Ni conmigo ni sin mí, 01

O corpo é o soporte da nosa vida. Nel reflíctese o noso contorno e vivencias. Todas as persoas que coñecemos nos marcan dalgunha maneira. A súa imaxe proxéctase sobre nós.
Ao través destes cosidos e fisuras reais realizadas sobre o meu propio corpo establezo unha simbiose entre a unión, a separación, a dor e o cariño.
Unha acción performática e simbólica da perda; do esquecemento dun ser querido. Unha acción ritual e á vez contraditoria entre o desexo e o rexeitamento, a dependencia e a independencia en donde ao final xa nada queda; tan só pegadas de momentos vividos. Un acto temporal adscrito ao esquecemento, que aspira á súa conservación por medio da pegada memorial, corporal, fotográfica, videográfica…
Esta acción é capaz de aproximarse ás persoas que representan, ao pensar que no seu momento a miña man foi marcada nun acto de afecto; ao pensar que no seu momento a miña man toucou as súas mans.
A pel, esa capa que recubre o noso corpo, trala que se ocultan os nosos sentimentos e trala que aflora o noso interior emocional.
A miña pel é a túa pel e a túa pel é a miña lembranza. Tras ela agóchome, protéxome e gardo a miña vida…

 

David Catá
Viveiro 1988
Formación: graduado en Belas Artes pola facultade de Pontevedra, 2006/2010. Máster fotográfico de concepto e creación en EFTI (Madrid). Grado Medio en acordeón cursado no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
Premios e bolsas:
2013. Premio de adquisición XIII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, A Coruña. Seleccionado no Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense. Seleccionado na 17 Bienal de Cerveira. Primeiro accésit do VI Festival de Vídeo Arte BANG, Barcelona. Seleccionado para Region 0, Videoart festival, Nova York. Seleccionado no 5º Festival Internacional de Vídeo Arte de Camagüey, Cuba.
2012. Seleccionado no Festival ((.mOv)) Vídeoarte en Movimiento, Perú. Seleccionado no concurso fotográfico Alliance Française de Madrid Converxencias.
2011. Premio Primeiro de promoción Máster Fotográfico Concepto e Creación, setembro 2010, EFTI. Primeiro premio do Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense.
Exposicións colectivas:
2013. Videokt, Bienal Internacional de Videoarte de Barcelona, curadoiras Nadia Morillo e María Gracia Córdova. Region =, King Juan Carlos I of Spain Center at NYU, USA. FIVAC 5º Festival Internacional de Videoarte de Camagüey, Cuba.
2012. Festival ((.mov)) Videoarte en movimiento, Perú. Cuarto Festival Internacional de Videoperformance EJECT en Ex Teresa, Ciudad de México. Pasíon: Fotografías en la Azotea, Círculo de Bellas Artes de Madrid.
Obras en coleccións:
Colección Galería EFTI. Deputación de Ourense.

Share on FacebookTweet about this on Twitter