OURENSE. Biblioteca do Campus, do 4 ao 22 de novembro.
Bágoas
Achegarse dende o ámbito artístico ao que se denomina unha acción sobre a natureza, reflectida en pequenos puntos do contorno urbano, como no caso dos parques nas cidades, os cales son zonas verdes e naturais no medio do bulicio e ornamentación do contorno urbano. Vemos estes espazos como acceso directo a un anaco de natureza viva e latente. A partir deste significado que se nos achega, concorremos en crear unha acción sobre o medio natural potenciándoo e aportando un significado volvendo o metafórico e metafísico á linguaxe física e xestual. O medio natural, e as árbores máis concretamente, sofren os efectos devastadores dos incendios forestais que asolan a nosa provincia cada ano. E por que non transmitir este sentimento de maneira figurativa creando bágoas que se desprendan das árbores e que transpiren, encerren e agochen unha mensaxe de protesta?
COLECTIVO METT03.04
Colectivo nacido en 2010 e formado por 3 compañeiras, artistas e licenciadas en Belas Artes pola Universidade de Vigo.