CHANTADA Concurso Fotográfico

Organizado pola Casa da Xuventude de Chantada.

BASES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO

1. Poderán participar todas as persoas que o desexen.

2. Os traballos presentados serán inéditos e orixinais en branco e negro ou cor.

3. O tamaño das fotografias será como mínimo de 18×24.

4. O tema do concurso será libre, aínda que haberá un premio especial para a mellor fotografia que teña como tema as postas de sol, e o número de obras non excederá de catro nin baixará de dúas por autor. Cada foto deberá levar un título.

5. As obras enviaránse en sobre pechado baixo lema e incluirase plica co nome, apelidos, domicilio, teléfono e email do autor, dirixido a:

Outono Fotográfico
Casa da Xuventude de Chantada
Rúa Rosalía de Castro, 1
27500 Chantada (Lugo)

6. O prazo de admisión de fotografías remata o día 26 de novembro.

7. Establécense os seguintes premios, que serán entregados nun acto que terá lugar nesta Casa da Xuventude no mes de decembro:

1º Premio: Cámara fotográfica dixital
2º Premio: Reproductor MP4
3º Premio: Trofeo á mellor fotografía sobre as postas de sol

8. O xurado estará composto por profesionais da fotografía, sendo o seu fallo inapelable.

9. As obras premiadas quedarán en poder da Casa da Xuventude que se reserva o dereito de publicalas sen máis requisito que o de nomear ó seu autor.

10. As obras non premiadas poderan recollerse na Casa da Xuventude ata 30 días despois de que remate a exposición, pasando ó seu poder as non retiradas.

11. A organización dará un trato esmerado ás obras, non responsabilizándose dos desperfectos que poidan sufrir.

12. Para calquera outro aspecto non contemplado nestas bases estaráse ó que decida o xurado.

Share on FacebookTweet about this on Twitter