Aude Léonard SLUMBERLAND / POEMAS / UN SEGUNDO / BURATIÑOS

A CORUÑA, Biblioteca Rosales, do 4 ao 21 de novembro.
OURENSE, Museo Municipal, do 22 de novembro ao 15 de decembro.

Curador: Vítor Nieves.

audeleonard

Slumberland n°7

A fotografía non só é un feito en si mesmo, non só é documentación e memoria, nin tan sequera se reduce o seu haber ao arte, á comunicación publicitaria, ao álbum familiar ou ao xornalismo diario ou repousado. Estamos ante unha mostra que define un outro xeito de concibir a fotografía: a ilustración e a pedagoxía para as crianzas.

Slumberland é unha compilación de imaxes que supón a primeira mostra antolóxica de Aude Leonard, que, malia a súa idade, ten un basto traballo de ilustración fotográfica. As imaxes que a conforman pertencen a varias series, todas elas publicadas en numerosos libros infantís, e outros non tanto.

É unha edición que presenta o traballo o traballo máis poético de Aude, que vai desde o particular caderno de viaxe sobre as impresións experimentadas durante unha viaxe a Islandia cunha natureza omnipresente, cambiante e de clima hostil. Unhas imaxes onde queda latente a particularidade de ser unha terra de crenzas en seres fantásticos ateigada ao longo da historia polo paso de moi diversos poboadores. Un paraíso, unha illa de crianzas onírica e pantasmado.

Nesta primeira exposición ao sur dos Pirineos, trata de mostrarse unha morea de imaxes para pequenos adultos e para maiores novos, que, dependendo de quen faga a lectura, será nun sentido ou noutro. Esto queda patente na serie “Unha vaca no meu cuarto” onde se xoga con diferentes escalas para acadar imaxes ao máis puro estilo do surrealismo do cedo, nunha alegoría á maternidade e á manutención.

En Slumberland en xeral, e en particular na serie Poèmes a autora pon de relevo a súa cualidade de encerramento e illamento nunha timidez que expande ás súa creacións, e traballa na procura de saídas, cuns achádegos que están moi preto de imaxes extraídas do maxín, o que xustifica o xeito de proceder como creadora.

Coas obras de Leonard, expóñense tamén unha selección de libros publicados coas súas ilustracións como os dous poemarios editados por Møtus en 2007 e 2008, Le soleil meurt dans un brin d’herbe (O sol morre nun gaspallo de herba) con textos de Jean Rivet, 2007, Une vache dans ma chambre (Unha vaca no meu cuarto) con textos de Dominique Cagnard, 2008, Une seconde  editado pola coreana Woongjin en 2012 e Petits trous ed. Lirabelle con texto de Cécile Bergame, 2013

Vítor Nieves, curador

 

Aude Léonard
Roanne, Francia, 1983
Ilustradora-fotógrafa, vivo e traballo en Marsella. Despois dun cursus de artes aplicadas, comecei a fabricar imaxes fotográficas, en branco e negro primeiro, surrealistas, máis adiante en cor, ás veces cómicas, a miúdo oníricas. O meu tempo repártese entre a ilustración de libros para mozos (edicións Møtus – Lirabelle – Woongjin editor – La joie de lire) e a creación de carteis para as artes do espectáculo.

Share on FacebookTweet about this on Twitter