OURENSE. Librería Eixo, do 4 ao 30 de novembro.
Transitando
Cada instante na vida temos a oportunidade de gozar da felicidade máis sincera e verdadeira da que somos capaces de ter, o amor que a terra nos demostra ofrecéndonos todo o que nos dá, é o máis grande e sinxelo á vez que temos xunto á vida.
No camiño a percorrer, as imaxes máis insignificantes énchennos de gozo e dita para desfrutar de momentos tan belos como esenciais en nós mesmos, así, na “linguaxe da Natureza” o máis pequeno tórnase grande e exemplo de beleza e sinxeleza.
Asun Adá
Cea 1976
Creadora dende a súa orixe, avanza polo camiño diario a base das súas conexións coa creación esencial da terra e o universo unidos na esencia da imaxe e as palabras ou mensaxes, que dende a básica esencia lle chegan para seren transmitidos e recreados en imaxe e en texto. O seu lugar actualmente está formado por un simple ser e estar e chegar co seu labor ao público que de calquera maneira logran alcanzar a visión da súa obra e encherse con ela.