Antón Varela TERRA DE XEO

VILAGARCÍA DE AROUSA. Sala Rivas Briones, do 15 de novembro ao 13 de decembro.

antonvarela

Jökulsárlón

Islandia significa «terra de xeo» na lingua propia da illa. Foi o nome que lle puxeron os primeiros poboadores, chegados do continente arredor do século IX. A sensación que experimentaron aqueles homes non debía ser moi diferente da que aínda sentimos hoxe cando visitamos por primeira vez aquela terra. Un lugar que estremece, moi afastado esteticamente das paisaxes que estamos acostumados a contemplar. Terra de xeo busca esa diferenza, esa característica esencial da natureza islandesa e como o home se adaptou a aquel lugar, tan diferente do noso contorno, que por momentos non alcanzamos a comprender.

 

Antón Varela
Caión A Coruña 1981
Antón Varela é un fotógrafo de Caión. Leva os últimos 12 anos formándose e traballando en diversos eidos da imaxe, o audiovisual e o deseño. Nos últimos tempos dedícase principalmente ao deseño gráfico.
Antón Varela obtivo premios e participou en varias mostras colectivas e individuais tanto de fotografía como doutras disciplinas.

Share on FacebookTweet about this on Twitter