OURENSE. Photo Art, do 15 de novembro ao 12 de decembro.
ST
Fotógrafo referente no espazo polaroid, móstranos a súa traxectoria e evolución da película instantánea, partindo da antiga polaroid, pasando polas novas producións que foron xurdindo co paso do tempo, como instrumento empregado; todas as súas instantáneas xorden da sx70, obtendo un resultado único tanto para o formato como polas tonalidades logradas, unha metamorfose latente que xorde en imaxe e diferentes emulsións, reflexos ocultos onde o tempo non se detén na propia imaxe senón que segue a evolucionar por si mesma como o propio autor que segue experimentando mediante a imaxe para conseguir romper coa indiferenza que a sociedade nos implanta.
Alberto Polo Iañez
Palma de Mallorca 1980
Alberto Polo Iañez (Palma de Mallorca, 1980) cursou Realización Audiovisual na súa illa natal e acabou especializándose en sonido en Barcelona. Alí sería onde descubriría a súa grande motivación: a fotografía como medio de expresión. Ao longo da súa traxectoria foi pasando por diferentes eidos, desde exposicións colectivas e individuais como a última e recente Creus en mi (Galeria La Real, Mallorca), colaboracións a nivel audiovisual destacando a participación na película Ingrid de Eduard Cortés onde actuou, realizou fotografía fixa e fixo a imaxe do cartaz oficial do filme. Realizou diferentes vídeos musicais, dos que destaca os realizados ao Grupo Varaverde. É creador, editor e realizador da publicación monotemática 23, xunto a Eva Morell, Ana Cabello e Eduard Bagur, e recentemente fotógrafo creativo para unha importante firma de moda.