Roi Alonso, Luis Barreiro, Marta Barros, Rocío Brage, Iciar C. C., Juanjo Galdo, Iván Guillén, Eduardo Hermida, Pablo López, Simón López, Carolina Martínez, JJG Meizo, Pablo Mella, Borja Mucientes, Rosa Neutro, Mario Nodar, Emilio Pardo, Eduardo Pérez, Iago Polo, Isaías Prieto, Alba Ricoque, Helena Segura – Torrella, Gosia Trebacz, Z 24x24

OURENSE. Ars Lumen Fotografía, do 24 de outubro ao 20 de decembro.

24x24

24×24, Varios

Canto dura unha hora? Cal é a intensidade dun día? Como medimos o pulso do tempo? Como nos relacionamos co espazo e o tempo?
24 fotógrafos
24 horas
24 imaxes
24 x 24 é un proxecto que nace dende Fotoforum Lumen e que ten como fin explorar as relacións existenciais que aparecen entre as vidas de 24 individuos no transcurso dun mesmo día. Para iso, durante o día 24 de maio (dende as 00:00 h. até as 24:00 h.), 24 fotógrafos documentaron cada hora dese día cunha fotografía.

 

O FORUM é unha iniciativa dun grupo de persoas unidas a través da súa paixón pola Foto e por  contar historias.

Share on FacebookTweet about this on Twitter