TALLER DE FOTOGRAFÍA DE ALTA CALIDADE
POR JOSÉ MARÍA MELLADO



9 E 10 DE NOVEMBRO EN OURENSE
Sesións: 16 horas (8 horas cada día)
Prazas: 25

Prezo: 249 €
Lugar: Aula de libre acceso (soto), Edificio de Facultades,
Campus de Ourense

Entrégase certificado de asistencia

INSCRICIÓN:
Deberás enviar ao correo-e participa(a)outonofotografico.com un documento de texto co teu nome, correo-e e teléfono de contacto, acompañado do comprobante bancario do pago da inscrición de 249 €, na conta bancaria: 2101 0939 26 0013073093. No comprobante debará figurar o teu nome.


O nivel dos asistentes en fotografía dixital non é moi relevante para o bo aproveitamento do curso, aínda que si é esencial que teñan bos coñecementos de fotografía.
PS CS6 a ser posible, é importante ter o Camera Raw actualizado.


---------------------------------------------------------------------------------


Programa

1º día. Captura: Cámara e Revelado


Este taller intensivo trata en profundidade como conseguir fidelidade de cor, o manexo óptimo das novas cámaras dixitais, as técnicas máis avanzadas da exposición e como xestionar e revelar os arquivos RAW coa máxima calidade e rapidez.

Fundamentos
• A xestión de cor eficaz
• Configuración de Photoshop e entorno de traballo

A cámara
• Configuración e manexo das novas cámaras réflex
• Lentes fixas e zoom
• Ruído
• Distancia hiperfocal

A exposición
• O histogrma
• A medición correcta. Histograma en vivo, medición puntual ás altas luces e evaluativa
• Método ELE par escenas de alto contraste

Organización
• Almacenamento
• Bridge e Mini Bridge
• Photoshop CS6

Revelado
• Histograma de entrada e saída
• Revelado básico. Novo fluxo de traballo en CS6 e LR4
• Axustes locais
• Outras ferramentas
• Casos prácticos


2º día Tratamento da imaxe

Neste taller, Mellado desvelará as claves máis importantes da linguaxe visual e desenvolverá o seu archicoñecido método de tratamento por zonas, incorporando as últimas novidades. Tamén explicará en detalle o seu método ELE (Extensión da Latitude de Exposición) como a mellor alternativa ás técnicas HDR habituais. Por último dedicará parte da xornada a explicar as mellores técnicas dispoñibles para a fusión, deformación e reparación da imaxe.

Linguaxe visual
• A composición
• O tratamento

Tratamento por zonas. Método ELE
• Técnicas de selección básicas
• Niveis e curvas
• Máscaras
  · Integración
  · Corrección. Técnicas de pincel
• Método luz 3D
• Técnicas avanzadas
  · Perfeccionamento de bordes
  · Métodos de selección por canal
  · Fusión de revelados múltiples
• Método ELE
  · Medición
  · Fusión
    · Mediante selección
    · Pintando na máscara
    · Máscara de luminancia avanzada

Branco e negro
• Conversións
• Virados
• Bitóns e tritóns
• Outros filtros

Corrección de cor e efectos especiais
• Corrección de cor desde Camera RAW e Photoshop
• Efectos especiais
  · Usos do modo Lab
  · Efectos softar e pel desaturado
  · Retratos de alto contraste
  · Efectos cinematográficos
  · Efectos de desenfoque

Fusión, deformación e reparación
• Fusión de imaxes
  · Extensión da profundidade de campo
  · Combinación de elementos de diferentes imaxes
  · Eliminación de obxectos
• Deformación
  · Corrección de lente
  · Reescalado líquido
  · Deformación Deformación de posición libre
• Reparación
  · Tampón
  · Pincel corrector puntual
  · Retoque en capas separadas
  · Reencher segundo contido
  · Movemento con detección de contido