FOTOROTEIROS CULTURAIS
NA RIBEIRA SACRA


----------------------------------------------------------------

Os roteiros patrimoniais son unha actividade fotográfica que pretende achegar aos participantes elementos senlleiros do noso patrimonio natural e cultural. Aprender a valoralos a través do descubrimento, o coñecemento e a interpretación. Todo isto a través do visor dunha cámara fotográfica e da man de profesionais do patrimonio cultural e natural.
Entendemos a conservación da natureza e da cultura tradicional na Ribeira Sacra como algo integral que é preciso poñer en valor a través do seu coñecemento profundo, ao paso do camiñante e retratando os valores únicos desta terra grazas a fotografía.
O Outono Fotográfico supón un marco ideal para promover actividades duais fotográfico - culturais na zona da Ribeira Sacra, que permitan achegar á poboación galega interesada pola fotografía unha forma orixinal e única de aprender e descubrir o noso rico patrimonio natural e cultural.


PROPOSTAS:

ARQUITECTURA POPULAR:
CAMIÑO NATURAL DA RIBEIRA SACRA

Domingo 27 de outubro

Propoñémoste percorrer, cámara en man, os entornos naturais mellor conservados e a arquitectura popular no Camiño Natural da Ribeira Sacra, realizando tamén unha visita guiada aos muíños do río Grañal. Descubriremos a fotografía de paisaxe, capturaremos as mellores imaxes da arquitectura popular e aprenderemos a aplicar as reglas de composición e iluminación máis importantes.


O ROMÁNICO VERDE:
MOSTEIROS E NATUREZA HUMANIZADA

Sábado 23 de novembro

Propomos realizar unha visita guiada ao mosteiro de Santa Cristina, percorrer San Paio de Abeleda e facer sendeirismo polos espectaculares canóns do Sil e do Mao. Practicaremos fotografía de paisaxe e patrimonial, e aprenderemos a aplicar e profundizar nas reglas de composición e iluminación máis importantes.


ESENCIAS DA RIBEIRA SACRA:
VITICULTURA HEROICA

Domingo 24 de novembro

Percorreremos viñedos polos socalcos da Ribeira Sacra no entorno de Doade e remataremos cunha visita guiada aos riquísimos recursos patrimoniais de Castro Caldelas. Descubriremos a fotografía de paisaxe nos viñedos tinguidos das mil cores do outono e capturaremos as mellores imaxes da arquitetura románica da Ribeira Sacra.


SANTO ESTEVO E
A INTEGRACIÓN NA PAISAXE

Domingo 1 de decembro

Visita guiada a Santo Estevo e sendeirismo polo entorno do mosteiro. Fotografaremos as impresionantes ladeiras arbóreas e capturaremos o interior deste máxico lugar, os seus detalles e elementos característicos.
Aprenderemos a aplicar as reglas de composición e iluminación máis importantes nun marco incomparable.



CONDICIÓNS:


Prezo: 40 €/persoa
Inclúe: desprazamento, formación fotográfica e guía especializado.
Saída ás 8:00 h da mañá dende Ourense
Regreso ás 21:00 h a Ourense
Grupos reducidos de entre 6 e 10 persoas

Inscrición e información en:
+34.659655734
info@ambulare.es
victor.barro@fotosconletra.com
Tamén en Facebook: FOTOSconLETRA