Taller de introdución á fotografía
Taller de Rosa Neutro



9, 16, 23 e 30 de outubro, 2013
Horario: 20:30 - 22:30 h
Prezo: 50 €
Espacio Neutro, Cangas


Día 1
· Presentación. Breve introdución á Historia da Fotografía.
· Manexo da cámara I: Exposición. Fotómetro. Diafragma. Profundidade de campo. Velocidade de obturación. ISO. Exercicios
prácticos.

Día 2
· Posta en común de resultados.
· Manexo da cámara II: Obxectivos. Distancia focal. Modos de exposición. Balance de brancos. Flash. Movemento. Exercicios
prácticos.

Día 3
· Posta en común de resultados.
· Configuración da imaxe; encadramento e composición. Exercicios prácticos.

Día 4
. Posta en común de resultados.
· Usos da fotografía. Autores. Formatos de arquivo. Tamaño de imaxe. Resolución. Axustes de imaxe. Reencadramento.
----------------------------------------------------------------

Taller de fotografía:
A fotografía mira cara outro lado; paixóns entre a fotografía e o cotián
Taller de Rosa Neutro



26 de outubro e 2 de novembro, 2013
Horario: 16 - 19:30 h
Prezo: 40 €
Espacio Neutro, Cangas


Descrición
A xénese do acto artístico está no particular, na intimidade e nas paixóns privadas de cada artista. Por iso, este taller
pretende xerar un espazo de reflexión e creatividade a partir da exploración do próximo e inmediato a través de obxectos
ou pequenos acontecementos ordinarios e trasladalos á esfera do poético ou o fantástico. Dirixido a afeccionados á
fotografía ou calquera persoa interesada na relación entre arte e fotografía. Non é necesario posuír amplos
coñecementos en fotografía.

Obxectivos
Coñecer artistas/fotógrafos que parten do cotián para desenvolver o seu discurso artístico.
Apropiarse do cotián a través de operacións sensibles e intelectuais vinculadas ao acto artístico.
Transcender o significado primixenio das cousas (alimentos ó utensilios) xerando un novo marco simbólico, poético.
Traballar a partir do concepto de natureza morta como medio para dotar novamente ao obxecto de dinamismo e novos
significados a través de pequenas transformacións.
Desenvolver exercicios de observación do sinxelo -o sensible.
Fomentar a aprendizaxe creativa e o traballo en grupo.
Utilizar o medio fotográfico como soporte.
----------------------------------------------------------------

Taller de Fotografía:
Fotografar A paisaXe social
Taller de Jose Romay



9, 16 e 23 de novembro de 2013
Horario: 14 - 18:30 h
Prezo: 80 €
Espacio Neutro, Cangas


EN QUE CONSISTE O TALLER?
FOTOGRAFAR A PAISAXE SOCIAL é un taller pensado para a meditación sobre a relación das persoas co medio natural que habitan.
A maioría dos fotógrafos dámonos conta que hoxe en día, coa democratización da fotografía, esta está menos valorada e entendida que nunca e cremos que se deben ensinar os distintos aspectos da mesma con certa calma e sempre fomentando o diálogo e a crítica dentro dun conxunto.
É necesario que os nenos aprendan a linguaxe fotográfica a unha idade nova e dunha forma divertida para que na idade adulta poidan entender como é utilizada a imaxe en ámbitos como a prensa, política, publicidade... e teñan certa destreza para defenderse das manipulacións mediáticas cuxa ferramenta potencial é a fotografía. Sexa esta fixa ou en movemento.
Os alumnos adultos e adolescentes parten dunha base intelectual máis formada que lles permite preocuparse polos aspectos da fotografía que máis se ligan aos seus intereses.
FOTOGRAFAR A PAISAXE SOCIAL está pensado para os posibles alumnos que teñan a necesidade vital de interpretar, catalogar ou simplemente meditar de forma visual sobre o como e o porque a paisaxe na que viven está modificada polo ser humano do xeito en que o está e non doutra.

COMO ESTÁ ESTRUTURADO?
3 sesións de 4 horas e media cada unha (unha sesión por día con descanso de 20 minutos).

1ª sesión:

Presentación de cada alumno ao resto dos seus compañeiros e explicación das inquietudes persoais que o unen á temática deste taller.
Visionado de moitos dos principais traballos fotográficos, movementos e exposicións relacionadas co tema.
Explicación das miñas motivacións persoais que me levan a estudar e traballar fotográficamente sobre este tema. Mostra das miñas influencias en fotografía, cine, literatura e ensaio.
Debate entre todo o alumnado en base a todo este material e as motivacións persoais de cada un.
Pequena saída en grupo polos arredores de onde se imparte o curso para estudar o lugar.
Cada alumno deberá colgar nun blog creado específicamente para o curso dúas fotografías cun pequeno texto que cada alumno e eu, teremos que ver e comentar.

2ª sesión:

Saída en grupo polos alrededores de onde se imparte o curso para realizar fotografías.
Repaso en conxunto do traballo publicado no blog.
Cada alumno deberá colgar no blog dúas fotografías cun pequeno texto que cada alumno e mais eu, teremos que ver e comentar.

3ª sesión:

Saída en grupo polos arredores de onde se imparte o curso para realizar fotografías.
Visionado de material fotográfico realizado polos alumnos.
Cada alumno deberá colgar no blog dúas fotografías cun pequeno texto que cada alumno e mais eu, teremos que ver e comentar durante a segunda semana logo da última sesión.