Formouse e comezou a traballar como fotógrafa no xornal Faro de Vigo, edición de Ourense, en 1990. Seguíronlle colaboracións con varios xornais e revistas de tiraxe autonómica ou estatal e a correspondencia da axencia Efe na provincia nos últimos 19 anos como fotógrafa, e tamén como redactora desde 2003. En plena crise económica, considérase unha vítima máis dos recortes laborais, e quere contribuír coas súas imaxes a facer visibles as mulleres, que seguen a ser as que primeiro caen do tren.
