No ano 1993 comezou o seu traballo como fotógrafo colaborando con distintas axencias e medios de comunicación. Na actualidade traballa como free lance cubrindo diversas areas da fotografía pero mantendo un espírito artístico nas súas obras máis persoais, reflexo inequívoco e real da época presente, e manténdose fiel as técnicas clásicas de fotografía cando a súa necesidade de expresión o demanda. Tivo as exposicións individuais «BCN-LIS», en Barcelona e Lisboa (2005), e «Domani Lavoro», en Italia (2006).
