Fotógrafo. Exposicións en Galicia, Barcelona, Madrid, Elgóibar, Córdoba, Suíza, Portugal, Alemaña, Nova York, Nicaragua... «Crise económica-crise industrial», «Chiapas», «O eterno feminino», «Territorio Asháninka» ou «Retrato Autorretrato» son algunhas delas. Premio no 1.º Certame de Creación Fotográfica Luís Ksado e Premio de Amigos da Unesco «A Pardela» á traxectoria profesional na información, entre outros. Ideou, organizou e dirixiu durante os anos 2005 e 2006 Revela, «Foro Internacional de Foto-reportaxe e Sociedade». É impulsor da páxina web «Fotógrafos contra la guerra». O seu último traballo, «(m)2», con fotografías de gran formato, está actualmente en itinerancia.
