Buscar

Entrada do web >> Autores >> Ruth BELTRÁN MUÑOZ

Nena escola

Realizou o ciclo superior de fotografía artística na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense, de 2003 a 2005, así como o Taller de Creación Fotográfica Luís Ksado, impartido por Ed Kashi, de National Geographic. Participou na exposición colectiva na Escola de Arte Antonio Faílde organizada en xuño de 2004; na videoproxección de fotografías nunha rave en Londres, en setembro 2004; na mostra individual «Frente a frente, Londres e Túnez», no Café Cultural Auriense de Ourense, en xullo e agosto de 2005; no Café-Pub La Galería de Vigo, en setembro de 2005; «Guinea Bissau» na Casa das Crechas, de Santiago de Compostela, en 2007; e en 2008 «Mulleres», no Centro Sociocultural de Monteporreiro e a Cafetería La Taquilla; a colectiva «Desde África hasta Oriente pasando por Tui», na Sala de Exposicións do Concello de Tui, e «Territorio com Alma», no Centro Cultural de Paredes de Coura.

Ver en liña Exposición: SENEGAL