Buscar

Entrada do web >> Autores >> Alfonso BUENO GAYO

Vive en Allariz. Estudou Matemáticas na Universidade Complutense de Madrid e comezou na fotografía de forma autodidacta para acabar completando os seus estudos co Máster Internacional de Fotografía Nuevo Documentalismo da EFTI en Madrid (2007). Durante un ano viviu cunha bolsa Erasmus en Lisboa, onde preparou o seu primeiro traballo fotográfico, «Viagem a Portugal», que foi exposto no Festival Reperkusión de Allariz 2006 (do que é o fotógrafo oficial). Como proxecto final do máster presentou a exposición «Santo Antonio» e participou na mostra colectiva do máster con motivo de PhotoEspaña 2007. Durante 2008 traballou coa escola de danza oriental Patricia Passo levando a imaxe desta. Na actualidade estuda Xeografía na Universidade de Santiago de Compostela e leva a cabo proxectos persoais como «Vaqueiros de alzada, pueblos marginados», no que documenta o illamento, a soidade que aínda existe en moitas aldeas do territorio español, neste caso de Asturias Occidental, ou «Nueva sociedad. Espacios rururbanos de Galicia», onde reflexiona sobre as novas relacións sociais e espaciais entre o urbano e o rural, creadas por unha sociedade urbana que vai ocupando os espazos rurais.

Ver en liña Exposición: BERLÍN ORIENTAL. TEMPO