Buscar

Entrada do web >> Autores >> Maribel CASTRO

Noctámbulos

Licenciada en Belas Artes na especialidade de Pintura (Universidade de Vigo). É máster en Teoría e Práctica das Artes Plásticas Contemporáneas, pola UCM. En 2007 realizou a mostra individual «Mejor en casa que en ninguna parte», na Galería María Prego (Vigo). Ten numerosas exposicións colectivas; a última delas foi este ano, no VIII Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense (Centro Cultural da Deputación de Ourense). Entre 2003 e 2004 gozou dunha bolsa de investigación do MEC no Departamento de Pintura da Universidade de Vigo; en 2004 conseguiu o 3.º premio no Certame «Na Vangarda» da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, ademais do Premio Extraordinario de Licenciatura da Comunidade de Galicia. En 2006 participou nos Circuítos de Artes Plásticas e Fotografía do Programa de Arte Joven da Comunidade de Madrid, e obtivo unha bolsa predoutoral de Formación de Profesorado Universitario (FPU) do MEC, na UCM. En 2009 acadou o 1.º premio no VIII Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense.

Ver en liña Exposición: DONA INTERIOR