Licenciada en Comunicación Audiovisual e en Socioloxía, comezou a agacharse tras a cámara de fotos desde nena porque non quería saír nelas. Socializa na rede boa parte das cousas que fai baixo o pseudónimo de «Pequeña Esquimal», e publicou en distintos medios de prensa escrita e on line (Foeminas, revista virtual de xénero) e tamén en libros colectivos como Lume ou Terra. Expuxo no ciclo «Pinte un bisonte na caverna» do Centro ON de caixa Galicia da Coruña e na colectiva «En Branco», e foi seleccionada no Certame Fotográfico de Medio Ambiente do Ateneo Ferrolán.
