O contacto co mundo da fotografía tomouno de neno, da man do seu pai no cuarto escuro que este tiña na casa. De aí comezou a ter conciencia da luz, do enfoque e o xogo de contrastes. Hoxe en día colabora de vez en cando co xornal A Peneira, cedendo algunha das súas fotografías, e tamén na guía de viaxes estadounidense Schmap Digital Guides.
