Buscar

Entrada do web >> Autores >> Raúl GÓMEZ LORENZO

Pálido corcel

Licenciado en Filoloxía Inglesa. Afeccionado a viaxar e á fotografía. Profesionalmente dedícase ao ensino; actualmente é profesor de Inglés no CEIP Tomás de Lemos de Ribadavia. Autodidacta, chegou á fotografía da man dunha vella Minolta X300S que lle regalaron hai 20 anos e dunha enciclopedia Kodak que ía devorando aos poucos. Desde entón deixa que a súa imaxinación se esconda tras a súa cámara na procura dunha mirada concreta e persoal. Numerosos premios avalan o seu traballo, entre eles o primeiro premio, o segundo e varios accésit do Concurso Fotográfico da Festa da Istoria, na modalidade individual; e o primeiro e o segundo premios dese mesmo concurso na modalidade Colección sobre a Comarca do Ribeiro. Colaborou tamén con algunhas publicacións. Participou en exposicións colectivas da Festa da Istoria, de Viña do Campo, de ACEIPE, do Balneario de Mondariz, do Barco de Valdeorras e do Concello de Muíños.

Ver en liña Exposición: CONCURSO FOTOGRÁFICO FESTA da ISTORIA 2009