Estudante do Ciclo técnico superior en Fotografía Artística, na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Con algunha colaboración anterior en publicacións xornalísticas, decidiu completar a súa formación autodidacta entrando na escola compostelá. Apaixonada da súa arte, goza en todo o proceso creativo, desde unha simple «tormenta de ideas», un retoque fotográfico ou un negativo dixital ata o traballo nunha sesión de estudio, xa que, como ela mesma afirma, «hai unha boa foto en cada recuncho».
