Estudou deseño gráfico e fotografía de xeito autodidacta. Ten colaborado en varios proxectos de deseño web, deseño gráfico e fotografía como freelance. Fixo espertar o interese pola fotografía co primeiro curso de iniciación á fotografía dixital que impartiu no Concello de Esgos e a súa participación como fotógrafo oficial en Pazolandia, así coma en diversas colaboracións con Foto Gamma. Tomou parte en varias exposicións colectivas e individuais; entre estas últimas, «Outra forma de disfrutar Esgos», no Café Bar San Xoán; «As Flores de Chola», no Café Bar O Lugar; «Momentos e melancolías», na Tapería Café Pub Duque, e «Marxe esquerda, 22 notas ó pé da rúa», no local social Aspanas, as catro neste ano.
