Buscar

Entrada do web >> Autores >> José LÓPEZ PÉREZ

Botando un grolo

Mestre de profesión e autodidacta afeccionado á fotografía desde os 15 anos. Na etapa analóxica, na década dos 80, comezou a súa participación en certames con variado éxito: premios, catalogación de dúas obras na antiga Consellería do Medio Ambiente e doutras dúas no Ministerio de Cultura (Artes e Tradicións Populares), dúas exposicións individuais (Santiago e Ribeira, A Coruña) e varias colectivas, entre elas unha no Reino Unido (proxección de diapositivas). Na etapa dixital, conta con varios premios no ámbito autonómico e nacional, entre os que destacamos catro primeiros en Touro, dous primeiros e un segundo en Ribadavia, un primeiro en Boiro, un primeiro en Sabadell (Barcelona), un primeiro especial en Carballo, un primeiro en Cuenca, e ter sido finalista en Camiños de Ferro 2008 (Madrid), en Valdemoro (Madrid) e en Huesca, obter unha mención honorífica en Fotocam2008. Participou en exposicións colectivas por toda España, colaborou nunha publicación editorial autonómica e publicou obras na revista Raigame.

Ver en liña Exposición: 13.º CERTAME DE FOTOGRAFÍA VIÑA DO CAMPO