Técnico superior en Fotografía Artística. Realizou un período de prácticas con bolsa no Studio 8A en Lisboa, realizando tomas de moda e publicidade e asistindo aos profesores de fotografía de moda, arquitectura e conceptual nos seus cursos. Participou nun taller de fotografía de arquitectura e noutro de fotografía conceptual con Gastão Brito da Silva, e noutro de fotografía de nu con Paulo Roberto. Realizou reportaxes fotográficas sobre actuacións musicais de forma continua no Café Miudiño, e unha reportaxe fotográfica para a revista Hair Styles Tito Heidelberg Peluqueros; tamén se encargou de fotografía de espectáculos teatrais e de danza en Galicia e Lisboa e desenvolveu como freelance diversos traballos de tomas de estudio e exterior, de nu e de retrato. Fixo exposicións nos locais La Trampa de Venus, Auriense e Elephant, na Casa de Xuventude de Ourense e na Escola de Arte Antonio Faílde.
