Buscar

Entrada do web >> Autores >> Xacobe MELÉNDREZ FASSBENDER

Futillos

Fotógrafo autodidacta, asistiu a talleres con Ed Kashi, Chema Madoz, Joan Fontcuberta, Chema Conesa, Daniel Canogar, Paco Salinas ou Arianna Rinaldo. A memoria e a identidade, e as relacións entre o home e a sociedade e co seu contorno natural, constitúen o cerne da súa obra. Realizou máis de vinte exposicións colectivas e outras tantas individuais, entre as destacan «Sólidos», na Fundación Caixanova, e «Présa», obra na que reflexiona sobre a prema do tempo na sociedade actual, exposta no Organismo Autónomo de Parques Nacionales (Segovia), entre outros lugares. Das colectivas destaca «Tracce», en 2007 en Milán (Italia). Nese mesmo ano participou na «Noche de la fotografía» de PhotoEspaña, coa proxección da súa serie «Futillos», exposta tamén en soporte papel en México en 2009. Entre os seus últimos proxectos destacan «Caiuco, fame e migración», no que utiliza símbolos para reflexionar sobre este fenómeno (foi exposta en Ourense no Outono Fotografico, en Barcelona en 2007 e en Madrid en 2009), e «Miradas necesarias» (inédita), onde aborda a situación social da fotografía, que se debate cinicamente entre a súa necesidade e súa condena. «Novas conversas con Atlante» é a segunda exposición na que actúa como comisario para o Outono Fotográfico, despois de «A Perfect Day» na edición de 2008. www.xk3foto.com.

Ver en liña NOVAS CONVERSAS CON ATLANTE e FUTILLOS