Buscar

Entrada do web >> Autores >> Carlos SANVA

13 / mil millones, 2008

Naceu e vive en Madrid. Licenciouse en Ciencias da Comunicación pola UNNE de Madrid e posteriormente estudou fotografía na EFTI. Comezou a traballar no xornal El Mundo, de onde pasou a colaborar con revistas nacionais e internacionais. Participou en «Madrid Inmigrante», un encargo da Comunidade de Madrid e Magnumphotos, que concluíu coa súa publicación e exposición. O seu traballo foise afastando progresivamente da temática editorial. Gañou o certame de novos creadores Injuve 2006 con «Summa»; obtivo o premio revelación de PhotoEspaña 2006 xunto ao colectivo Nophoto, do que é membro fundador. Foi seleccionado no Concurso Purificación García 2007 coa peza «Números»; participou na exposición «Muta Matadero x Nophoto», en PhotoEspaña 2007, presentando «Al otro lado del río». En 2008 realizou un proxecto que forma parte da colección Recorridos Arco en Artium. Participou na exposición «Aptitud para las Armas» na sala Amadís do Instituto de la Juventud. Tamén viaxou á China por invitación do Museo Provincial de Hubei, coincidindo coa inauguración da exposición «Nophoto Spanish Contemporary Photography», para a produción da súa nova serie «Trece entre mil millones». En 2009 foi galardoado co 2.º Premio da sétima edición do Concurso de Fotografía Purificación García.

Ver en liña Exposición: CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PURIFICACIÓN GARCÍA 2009