Buscar

Entrada do web >> Autores >> Xavier PODEVIN

As viaxes a través do mundo foron, desde sempre, unha das súas grandes paixóns. Esta maneira de encontrar e compartir con outras xentes e culturas levouno a plasmar eses momentos únicos sobre xelatina e soporte dixital a través do ollo dunha cámara. Despois de vivir en Eivisa durante tres anos, desenvolveu a súa mirada fotográfica e conseguiu plasmala en dixital. Aproveitando que volvía á península, decidiuse a estudar o ciclo superior de Fotografía Artística na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela, onde está actualmente a completar a súa formación.

Ver en liña Exposición: UN ANACO DE CADA UN