A Casa da Xuventude abre unha nova ventá ao Outono Fotográfico: a sala da planta baixa albergará proxeccións de series fotográficas que saen ao encontro do transeúnte e converten un bo tramo da rúa Celso Emilio Ferreiro en «espazo fotográfico» transitable. As series irán cambiando ao longo do mes de novembro, incorporando novos autores, engadindo o aliciente dunha programación aberta: a sorpresa do azar, escena fotográfica.
Ver en liña: Federico García Cabezón | José Paz | Xoán Piñón | Xosé Lois Vázquez | Alba Vázquez Carpentier