De formación autodidacta, leva sempre a súa cámara de fotos colgada desde que tivo o seu primeiro contacto coa fotografía, hai agora uns vinte anos. Na actualidade reside en Vigo. Membro do colectivo Esrecfotografía, participa nunha exposición colectiva na sala de exposicións Ultravioleta de Madrid. Ten predilección pola fotografía de ambiente urbano, «nun intento de retratar o século que nos toca», aínda que ama a fotografía de paisaxe, en ocasións con tintura de abstracción e outras veces rozando o minimalismo.
