
S/T
José GUERRERO
Granada, 1979
Estudos de fotografía na Escola de Arte de Granada. Licenciado en Arquitectura Técnica pola Universidade de Granada. Ten a exposición individual «Efímeros», presentada na sección Contemporary Spanish Photography do Lodz Fotofestiwal (Polonia, 2007), e de forma itinerante en 2006 por Caja San Fernando. Participou ademais na colectiva «El mundo de hoy en 20 libros de fotografía» (MUSAC, León, 2007). Co proxecto «Down Town (Londres, Moscú y El Cairo)» obtivo unha Bolsa Generaciones de Caja Madrid, e co titulado «Andalucía / un viaje al presente» unha Bolsa Iniciarte, da Consejería de Cultura da Junta de Andalucía, en 2007; con «Panta rei (todo fluye) / el límite urbano», unha Bolsa Joven Autor Andaluz, de Caja San Fernando, en 2005. «Efímeros» é o resultado final deste proxecto.
EXPOSICIÓN: CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PURIFICACIÓN GARCÍA 2008
|