
Sen título
José Luis DIZ
O Carballiño, Ourense, 1950
Con tan só 13 anos chegoulle ás súas mans a primeira cámara de fotos, que antes fora do seu pai: unha Super Paxette alemá, coa que comezou a súa andaina no mundo da imaxe. Autodidacta por sistema, tomou exemplo dos fotógrafos da rúa da década dos setenta e desenvolveuse continuamente no sector da fotografía afeccionada, á par que participaba da actividade do Cineclube Carballiño case ata que deixou de funcionar. Foi socio fundador, xunto con outros, da Agrupación Fotográfica O Potiños de O Carballiño, onde desenvolve a maior parte da súa actividade fotográfica na organización de actividades e participando en exposicións conxuntas con outros membros do mesmo grupo.
EXPOSICIÓN: CORDAS CO MAR
|