
Chapapote
Rosa VEIGA
Ourense, 1965
Desde 1990 é fotógrafa colaboradora en varios medios de prensa escrita: entre eles, Faro de Vigo (edición de Ourense), O Correo Galego e El Mundo de Galicia. Participou en exposicións colectivas como «Galicia en foco», «Oitolladas», «Ourense en pé de foto», «Golpes», «Xa é hora, fin de milenio», e tamén en exposicións individuais, como «Caderno de viaxe a Cuba» ou «A marcha da cor da terra» (marcha zapatista en México, 2001). Participa das causas humanitarias, o que a levou a fotografar en distintos lugares do mundo: Sáhara, Brasil, México... Organizou xunto con Otis e Susana Gil as tres edicións de «Ourense en pé de foto». Na actualidade é correspondente redactora/fotógrafa da axencia Efe en Ourense e colaboradora de diarios e revistas de tiraxe estatal.
Exposición: NEGRO NA TERRA E NO MAR
|