
Sen título
Miguel VEIGA TEIJIDO
Madrid, 1959
En 1995 realizou un cursiño básico de fotografía na Agrupación Fotográfica da Rioxa da que é socio activo desde entón. En 1996 superou con cualificación de notable o curso de fotografía Planeta Agostini. Habitual nos concursos estatais e internacionais, obtivo numerosos premios, entre os que destacan a medalla de ouro FIAP, no certame internacional Acueducte 2004, e mencións de honra nos tamén internacionais de Bizcaia 2003 e Acueducte 2006. Acadou tamén premios de honra na Feria de Fraga 2005 e 2006, en Palencia-Imagen 2005 e no Instituto de Estudios Bercianos 2007, en Ponferrada. Participa na edición do libro institucional Logroño en mil colores (2001) e en diversas exposicións colectivas ao longo de toda a xeografía nacional, e fóra, como en Darmstadt (Alemaña).
Exposición: 11º CERTAME DE FOTOGRAFÍA VIÑA DO CAMPO
|