
Primate de Pangea. 2007

A viaxe virtual de Penélope
Bea ROMARTY
O Barco de Valdeorras, Ourense, 1977
Artista plástico-literaria multidisciplinar, é estudante da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Comezou a mostrar a súa faceta plástica a través da arte de acción no Festival IMAN 2005 do Porto, no MARCO de Vigo, formando parte do grupo PRINCIPE54. Continuou na performance co Concello de Mondariz (2006), e colaborou coa galería Dosmilvacas.arte de Ponferrada (León). Ten participado en distintas exposicións colectivas de pintura, recitais e talleres. Actualmente prepara en Ourense a súa primeira exposición individual na Galería Volter. Desde Pontevedra deseña a edición do seu último dossier literario-plástico Alpha, Un proxecto neofuturista.
Exposicións: 25 OUTONOS e TRAYECTOS
|