
Hotel Sidi
Elisa PEREIRA
Ourense 1970
Estudou Imaxe e Son, asistiu a cursos de fotoxornalismo, edición gráfica, fotografía, encontros fotográficos... Deu cursos de iniciación, perfeccionamento e laboratorio na Casa Xuventude Ourense, de técnicas fotográficas para o Concello de Ourense, Inem, FORGA, Caixa Galicia e CICA. Traballou para o Concello de Ourense, a Cámara de Comercio, Expourense e La Región. Participou nas exposicións «Foro Muller e Cultura» (Trives, 2006), «Presenzas» (Ourense, 2005), Premio Agader (2002), e en mostras na Adega do Faustino (Chaves, 1996), Café Cultural Auriense (1995), «Novas Presenzas» (Casa da Xuventude de Ourense, 1995), Museo Municipal de Ourense, Galería Sargadelos de Ourense, Casa Xuventude de Chantada... Foi seleccionada en «Fototraballo» no ano 2000.
Exposición: VISIÓNS
|