
O castigo
Jesús Jaime MOTA
Mijas, Málaga, 1964
Comezou a súa andadura fotográfica en 1984 como autodidacta. En 1995 a Federación Andaluza de fotografía outorgoulle o galardón ao mellor fotógrafo andaluz 1994-95. O seu traballo céntrase na reportaxe, sen deixar de lado a fotografía artística, que compaxina entre viaxes. Desde 1998 imparte talleres fotográficos en distintas cidades españolas. A raíz dun premio fotográfico outorgado polo xornal El País en 1995, empezou o seu primeiro contacto co continente africano; desde entón apaixonouse pola reportaxe, e froito de varias viaxes a África naceu a exposición «La mirada africana». Anos máis tarde estendeu a reportaxe a Asia, e coa unión de varios traballos de distintos países, en 2005 inaugurou «Rostros», exposición composta por imaxes dos personaxes máis singulares das súas visitas a Tanzania, Kenia, Gambia, Etiopía, India, Tailandia, Birmania... En 2005, xunto cos xornalistas Anna Smith e Franco Rey, realizou unha reportaxe sobre a traxedia do tsunami en Sri Lanka, e cederon o material aos Clubes de Leóns, dos que é socio. Recibiu o terceiro premio de Festimage 2007, en Chaves.
www.jaimemota.es
Exposición: FESTIMAGE
|