
Lavandoro
Rosell MESEGUER
Orihuela, Alacante, 1976
Profesora asociada na Facultade de Belas Artes de Cuenca, Universidade de Castela-A Mancha. Doutora en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid en 2004. Con actividade docente e estadía investigadora na Facultade de Artes da Universidade de Chile (2006), así como estadías e investigación en Roma, Londres, Nova York e París, entre outras capitais. Ten numerosas exposicións individuais e colectivas; este ano leva realizadas tres –Convento de Mínimos (Segovia); Matucana 100-Centro Cultural de España (Santiago de Chile) e Galería Marisa Marimón (Ourense)–, e ten pendentes outras dúas –«Mediterráneos», en La Panera (Lleida) e Centro Cultural Montehermoso (Vitoria)–. Posúe numerosos premios e bolsas, así como publicacións en revistas e catálogos, como InvestigArte. Andamios para una construcción de la investigación en BB.?AA. (Editorial Complutense, Madrid), que coordinou e deseñou e na que participou cun artigo.
www.rosellmeseguer.com
Exposición: UNHA PELÍCULA DE PEL XIII: TRÁNSITOS DO MEDITERRÁNEO AO PACÍFICO
|