
Bonecas
Stéphane LUTIER
París, Francia, 1973
Obtivo o certificado de aptitude profesional de fotografía en París, onde traballou no ámbito fotográfico ata 1998, ano no que se trasladou á Coruña, onde vive na actualidade, para seguir no campo da fotografía. Realizou tres mostras individuais en 2001, ano en que tamén participou en Artxove de Pontedeume, o mesmo que na edición de 2002. En 2003 participou en Fotokoruña, no Certame de Imaxe Artística da Dirección Xeral de Xuventude e no Certame de Fotografía de Medio Ambiente do Ateneo de Ferrol, no que conseguiu o terceiro premio. Neste ano recibiu o 2.º premio do Concurso Autopistas do Atlántico, na Coruña, e participou nas mostras colectivas itinerantes Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado e Fundación de Ferrocarriles Españoles. É membro do grupo Aula K.
Exposición: MIRAR, UN LUGAR DISTINTO
|