
Escaleira da Facultade de BBAA de Pontevedra
Horacio GONZÁLEZ DIÉGUEZ
León, 1979
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e profesor no Ensino Secundario. Na actualidade cursa o programa de doutoramento de Deseño na Enxeñería, na Universidade de Vigo, e é membro do grupo de investigación DX7. O seu traballo desenvólvese ao redor do erro dixital, as baixas tecnoloxías e a interacción entre persoas e ordenadores. Forma parte do colectivo «escoitar.org» como esperto en software. É un dos creadores do proxecto Visual Heritage Preasure Lab.
Exposición: 25 OUTONOS
|