
A berber (O barbeiro)
Arup GHOSH
Bhadreswar, Bengala Occidental, India, 1967
Estudou Medicina, e licenciouse en Cirurxía pola Universidade de Burdwan en 1993. Desde 1997 exerce de médico municipal na súa cidade natal, labor que desde 2004 compatibiliza coa súa paixón pola fotografía de maneira semiprofesional. Este artista autodidacta, que navega por internet entre 4 e 5 horas ao día para procurar e estudar todo tipo de imaxes, sente predilección pola fotografía en branco e negro, e a súa temática favorita é a de xente na rúa. As instantáneas de Ghosh foron aceptadas en máis de 100 salóns internacionais. No referente a premios, ademais de varias nominacións e certificados de méritos en diversos festivais indios, Arup recibiu unha mención de honra da FIAP na categoría monocromática do concurso de fotografía Orhan Holding 2006 e unha medalla de prata no Super Circuit 2007 austríaco, e vén de gañar o Premio Oficial do Festimage 2007.
Exposición: FESTIMAGE
|