
A Sesta II
Victoria DIEHL
A Coruña, 1978
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, participou en diversas exposicións nacionais e internacionais de forma individual ou colectiva como en ARTIUM, Museo Vasco de Arte Contemporáneo, os institutos Cervantes de Viena, Roma e Milán, o Festival Internacional de Fotografía de Roma ou os Encontros Internacionais da Imagem (Braga), e en diversas feiras como ARCO, Photo-London, DFOTO, Forosur ou ArteSantander. Gañou diversas bolsas e premios como a Bolsa Academia de España en Roma, o do Concello de Cambre ou o do Concello de Monforte de Lemos. A súa obra figura en coleccións como as de ARTIUM, Caja Madrid, Colección Norte ou Metronom.
Exposición: 25 OUTONOS
|