
Gambia
Santiago BARREIROS
Ourense, 1950
Unha vida dedicada á fotografía en París, Madrid, Roma, Cornualles e naturalmente Ourense, onde reside na actualidade. Montou estudios, traballou para xornais e revistas, vendeu fotografías galegas na Piazza Navona, fixo diaporamas, impartiu cursos e paralelamente participou en mostras colectivas e individuais. Foi fundador e presidente da Agrupación Fotográfica Ourensán, en 1985. Dos seus libros destacamos Ribadavia, con texto de Camilo Franco, 1993; Santiago Barreiros, fotografías 1975-2000, 2000; Ourense, unha ponte ó XXI, 2003; e Jazz en Ourense, 2004.
Exposición: FAJAE – GAMBIA
|