La Rochelle, Francia, 1982
Biografía:
Realizou o ciclo de grao superior de Fotografía Artística na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela e participou neste mes de outubro no taller de fotografía co artista portugués Daniel Blaufuks, en A Chocolataría (Santiago de Compostela). Expuxo na galería Martiña, de Santiago de Compostela (o tríptico fotográfico «El fin del mundo»), e no Café des Halles, de Bourdeilles (Dordoña, Francia). Foi director de fotografía nas curtametraxes O soño de Ofelia e O reloxio, e encargouse da fotografía fixa na curtametraxe El cordero. Obtivo o Primeiro Premio do concurso fotográfico «Galicia en branco e negro».
Exposicións:
GALICIA EN BRANCO E NEGRO
Obras:

Vista dende o niño
Sección:Retratos e actitudes
<<< Atrás