Marta Capote Yeregui
 
Madrid, 1970

Biografía:
En 1989 comeza a traballar como fotoxornalista no diario Europa Sur, de Alxeciras; en 1990 trasladase á Coruña, onde colaborou con case todos os medios de comunicación da prensa escrita: El Ideal Gallego, El Correo Gallego, Faro de Vigo, revista Eco, Diario16 de Galicia...; Catro anos máis tarde comezou a súa colaboración como correspondente para a Axencia Efe na Coruña. En 1997 foi bolseira da Xunta de Galicia para realizar un intercambio entre xornais galegos e portugueses, e en 1998 abandona o seu traballo como fotoxornalista por causas alleas á súa vontade. Desde o ano 2000 traballou co colectivo coruñés de arte contemporánea «Artual», integrado por artistas de diferentes disciplinas, co que realizou varias exposicións. Desde o momento que abandona o fotoxornalismo dedícase a fotografar diferentes proxectos documentalistas, como o dedicado aos personaxes que viven ou que nun momento dado pasan pola Coruña: «15001 Un distrito coruñés», serie que foi exposta no Casino da Coruña e n’O Forno, de Lugo.

  Exposicións:
PARARSE E VER

 
Obras:
 
   
    Porto